Este tribunal, nomeado pola Resolución do 12 de agosto de 2024 para cualificar o proceso selectivo (DOG número 159, do 20 de agosto), unha vez revisadas as alegacións presentadas contra a Resolución do 22 de xaneiro de 2025, pola que se dou publicidade, entre outros acordos, das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes no primeiro exercicio do proceso selectivo, así como da relación das que non acadaron a puntuación mínima de 50 puntos establecida na base II.1.1 da convocatoria, na sesión que tivo lugar o 20 de marzo de 2025,
ACORDOU:
Primeiro. Desestimar as alegacións presentadas na súa totalidade.
Segundo. Declarar exentas de realizar o segundo exercicio do proceso selectivo todas as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio, por ter acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, ao abeiro do previsto na base II.1.1.2 da convocatoria.
Terceiro. Publicar a presente resolución no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal e no Diario Oficial de Galicia.
Contra o presente acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2025
Bran Casal Pereira
Presidente do tribunal
