DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 3 de abril de 2025 Páx. 20373

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar de xerocultor, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 27 de marzo de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de decembro de 2023 (DOG núm. 240, do 20 decembro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar de xerocultor, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro),

ACORDOU:

Primeiro. Facer pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publícase tamén no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

De conformidade co disposto na base VI.2 da convocatoria e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, conforme o artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Segundo. Elevar a devandita relación de aspirantes á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoas funcionarias de carreira.

De acordo co disposto na base V.13 da convocatoria, contra este resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 y 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2025

María del Carmen Recarey Rey
Presidenta do tribunal

ANEXO I

Relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo

Convocatoria: C2 (concurso-oposición).

Corpo/categoría: corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de xerocultor (20C2).

Prazas de acceso libre: 15.

Prazas de acceso pola base I.1.1: 0.

Nº de orde

DNI/NIE

Apelidos, nome

Quenda

Puntuación

1

***0112**

López Castro, María Pilar

Libre

85,835

2

***9889**

Costoya Lesta, Patricia

Libre

77,960

3

***7704**

Bouso Barcia, María Begoña

Libre

71,060

4

***1803**

Soto Blanco, Nerea

Libre

70,155

5

***3381**

Rodríguez Castro, María del Mar

Libre

69,060

6

***3111**

Gosenge Mato, Rocío

Libre

69,030

7

***6588**

Peña López, Ana Isabel

Libre

67,500

8

***9984**

Rando García, María del Camino

Libre

66,500

9

***0694**

Gómez Otero, Estefanía

Libre

59,030

10

***0611**

Neira Rodríguez, Concepción

Libre

56,780

11

***2408**

García Uzal, Begoña

Libre

56,750

12

***3556**

Castro Gómez, Vanesa

Libre

56,745

13

***2197**

Leins Ruibal, Berta

Libre

52,590

14

***8810**

Ferreiro Otero, María Montserrat

Libre

51,650

15

***6233**

Chas Liñares, Ana

Libre

50,250