Mediante resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal do 13 de maio de 2024 (DOG núm. 94, do 15 de maio), modificada pola Resolución do 18 de marzo de 2025 (DOG núm. 54, do 19 de marzo), convocouse concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Mediante a Resolución do 20 de marzo de 2025 (DOG núm. 56, do 21 de marzo) acórdase a apertura do período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e de xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso. Non obstante, advírtese a omisión involuntaria de varios postos da fase de resultas que é preciso engadir á relación de postos potenciais.
Por outra parte, de acordo co artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia (BOE núm. 134, do 5 de xuño), para o desempeño daqueles postos que comportan o trato repetido, directo e regular e non meramente ocasional con nenos, nenas ou adolescentes será requisito non ter sido condenado por sentenza firme por calquera delito contra a liberdade e indemnidade sexuais tipificado no título VIII da Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código penal, así como por calquera delito de trata de seres humanos tipificado no título VII bis do Código penal, que deberá acreditarse mediante unha certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.
Considerando que se produce unha modificación substancial das condicións de elección de postos e de acreditación de requisitos dos postos, que podería causar graves prexuízos ás persoas concursantes, faise aconsellable ampliar o prazo ao abeiro do disposto no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Polo exposto, no uso das competencias que ten atribuídas no artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Incluír os 16 postos que se relacionan no anexo I desta resolución na relación de postos da fase de resultas publicados na web corporativa da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no enderezo https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/
Segundo. As persoas solicitantes de postos que impliquen contacto habitual con nenos, nenas ou adolescentes ou que teñan como destinatarios principais a persoas menores de idade, deberán acreditar unha certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.
A relación de postos que precisan esta certificación negativa publicarase na web corporativa da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no enderezo https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/
Para iso poderán autorizar a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para recadar o correspondente certificado negativo no Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos segundo o formulario dispoñible en https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/consulta que deberán incorporar ao seu expediente persoal electrónico, na epígrafe doutros méritos da canle de emprego público de Galicia (Fides).
De non autorizar a consulta, deberán achegar a certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais ao seu expediente persoal electrónico, na epígrafe doutros méritos da canle de emprego público de Galicia (Fides).
A existencia de antecedentes no Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos, ou a non xustificación da certificación negativa, comportará a imposibilidade legal de adxudicación dos postos que impliquen contacto habitual con persoas menores.
Terceiro. Ampliar o prazo en 7 días hábiles para a presentación de solicitudes de postos de traballo e acreditación de méritos indicado no punto primeiro da Resolución do 20 de marzo de 2025 (DOG núm. 56, do 21 de marzo) ata o 24 de abril de 2025.
Santiago de Compostela, 1 de abril de 2025
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO I
Postos que se inclúen como potenciais resultas do concurso de traslados
|
Posto |
Código do posto |
Nivel |
Grupos |
Corpo/escala |
Adm. púb./ áreas func. |
Denominación do posto |
Cons. |
Centro directivo |
Centro de destino |
Conc. |
Titulacións requiridas |
Formación específica |
Observacións |
|
4588 |
PR.C03.00.001.15001.161 |
10 |
AP |
XEE/XET |
AXG |
Mozo/a |
PR |
Dirección Xeral de Xustiza |
S.X. de Persoal da Administración de Xustiza (A Coruña) |
15001 |
|
|
|
|
4589 |
ED.C99.40.204.15001.014 |
10 |
AP |
XEE/XET |
AXG |
Axudante/a albanel |
ED |
Servizos periféricos |
CIFP Someso (A Coruña) |
15001 |
|
|
|
|
4590 |
ED.C99.40.301.15300.021 |
10 |
AP |
XEE/XET |
AXG |
Axudante/a de mantemento |
ED |
Servizos periféricos |
CIFP Universidade Laboral (Culleredo) |
15300 |
|
|
|
|
4591 |
ED.C99.40.301.36540.002 |
14 |
C2 |
XERAL |
AXG |
Auxiliar administrativo |
ED |
Servizos periféricos |
IES San Paio |
36540 |
|
|
|
|
4592 |
PS.C99.40.701.32700.005 |
10 |
AP |
XEE/XET |
AXG |
Peón/peoa |
PS |
Servizos periféricos |
Centro Sociocomunitario A Rúa-Petín |
32700 |
|
|
Horario especial//quendas de mañá e tarde |
|
4593 |
PS.C99.40.701.36440.004 |
10 |
AP |
XEE/XET |
AXG |
Peón/peoa |
PS |
Servizos periféricos |
Centro Sociocomunitario Redondela |
36440 |
|
|
Horario especial//quendas de mañá e tarde |
|
4594 |
PS.C99.40.701.36440.005 |
10 |
AP |
XEE/XET |
AXG |
Peón/peoa |
PS |
Servizos periféricos |
Centro Sociocomunitario Redondela |
36440 |
|
|
Horario especial//quendas de mañá e tarde |
|
4595 |
ED.C99.50.201.15001.036 |
10 |
AP |
XEE |
AXG |
Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos |
CU |
Servizos periféricos |
Museo de Belas Artes da Coruña |
15001 |
|
|
Horario especial//xornada de mañá ou tarde |
|
4596 |
ED.C99.50.201.15001.051 |
10 |
AP |
XEE |
AXG |
Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos |
CU |
Servizos periféricos |
Museo de Belas Artes da Coruña |
15001 |
|
|
Horario especial//xornada de mañá ou tarde |
|
4597 |
ED.501.00.003.15770.171 |
10 |
AP |
XEE |
AXG |
Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos |
CU |
Dirección Xeral de Cultura |
Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) |
15770 |
|
|
Xornada partida//horario especial |
|
4598 |
ED.C99.50.201.15770.023 |
10 |
AP |
XEE |
AXG |
Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos |
CU |
Servizos periféricos |
Museo das Peregrinacións |
15770 |
|
|
Horario especial//xornada de mañá ou tarde |
|
4599 |
ED.C99.50.201.15770.024 |
10 |
AP |
XEE |
AXG |
Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos |
CU |
Servizos periféricos |
Museo das Peregrinacións |
15770 |
|
|
Horario especial//xornada de mañá ou tarde |
|
4600 |
ED.C99.50.201.32001.034 |
10 |
AP |
XEE |
AXG |
Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos |
CU |
Servizos periféricos |
Museo de Ourense |
32001 |
|
|
Horario especial//xornada de mañá ou tarde |
|
4601 |
ED.C99.50.201.32001.037 |
10 |
AP |
XEE |
AXG |
Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos |
CU |
Servizos periféricos |
Museo de Ourense |
32001 |
|
|
Horario especial//xornada de mañá ou tarde |
|
4602 |
ED.C99.50.301.32001.037 |
10 |
AP |
XEE |
AXG |
Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos |
CU |
Servizos periféricos |
Arquivo Histórico Provincial de Ourense |
32001 |
|
|
Horario especial//xornada de mañá ou tarde |
|
4603 |
PS.C99.40.101.15700.001 |
11 |
AP |
XEE/XET |
AXG |
Peón/peoa |
CU |
Servizos periféricos |
Campamento Xuvenil Virxe de Loreto |
15700 |
|
|
Ocupado por garda |
Relación de adscricións a outras administracións públicas/áreas funcionais
|
Código |
Administración/áreas funcionais |
|
AXG |
Adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia |
Relación de corpos e escalas
|
Código |
Corpos e escalas |
|
XEE |
Xeral. Escala de persoal subalterno |
|
XET |
Xeral. Escala de persoal de mantemento |
Relación de concellos
|
Código |
Concello |
|
15001 |
A Coruña |
|
15300 |
Culleredo |
|
15700 |
Porto do Son |
|
15770 |
Santiago de Compostela |
|
32001 |
Ourense |
|
32700 |
A Rúa |
|
36440 |
Redondela |
|
36540 |
Tui |
