Mediante a Resolución reitoral do 29 de xaneiro de 2025 (DOG do 13 de febreiro e BOE do 24 de febreiro), convocáronse probas selectivas para cubrir tres prazas da categoría profesional de técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde, grupo III, pola quenda de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.
Segundo. Indicar que a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.
Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:
https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm
Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.
Sexto. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo. Estará composto polas seguintes persoas:
Tribunal titular:
Presidenta:
– Mª José Pazos Guldrís, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
Vogais:
– Mercedes Rivas Cascallar, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
– Verónica Piñeiro Gómez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
– Fernando Gómez Souto, persoal laboral fixo do grupo III da USC.
Secretario:
– José Manuel Caamaño Jerez, funcionario de carreira da escala administrativa da USC, que actuará con voz e voto.
Tribunal suplente:
Presidente:
– Ramiro Barreiro Pérez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
Vogais:
– Raquel Antón Segurado, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
– Alba Noelia Prado Vázquez, persoal laboral fixo do grupo III da USC.
– Sandra Barca Bravo, persoal laboral fixo do grupo II da USC.
Secretario:
– Javier López Gómez, funcionario de carreira da escala administrativa da USC, que actuará con voz e voto.
Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2025
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
