A directora xerente de Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo padroado da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e das bases específicas para a selección de persoal dunha (1) praza de técnico da Área de Socioeconomía da Pesca (interinidade).
As bases estarán expostas na sede de Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabello, s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/). A data tope de entrega de solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Vigo, 27 de marzo de 2025
Rosa Chapela Pérez
Directora xerente do Centro Tecnológico del Mar-Fundación Cetmar
