Unha vez aprobada inicialmente mediante Acordo do Pleno do 11 de marzo de 2025 a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Vilar de Barrio para a redelimitación do solo de núcleo rural dos núcleos de Arnuíde, A Eirexa e O Folón-Penadiz, no concello de Vilar de Barrio, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública durante o prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio.
Durante este prazo poderá ser examinada por calquera persoa interesada nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.
Quedan suspendidas as licenzas para a área afectada por esta modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal.
A duración da suspensión é de dous anos, aínda que se extinguirá de maneira automática cando se aprobe definitivamente.
Vilar de Barrio, 13 de marzo de 2025
Manuel Conde Gómez
Alcalde
