DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 3 de abril de 2025 Páx. 20435

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 7 de marzo de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Nigrán (expediente DH.A36.106887).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Urbanización Finca Manzanares, S.L.

Expediente: DH.A36.106887.

Volume total anual: 7.988,00 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,27 l/s.

Destino: rega.

Orixe: catro (4) mananciais M1 a M4:

M1 en parc. 1, pol. 37 do catastro de Nigrán.

M2, M3 e M4 en parc. 149, pol. 38, do catastro de Nigrán.

Lugar: O Carregal.

Parroquia: Panxón.

Concello: Nigrán.

Descrición:

A auga dos mananciais condúcese a unha balsa de acumulación de formigón 5.198 l na parc. 149, pol. 38, da que se bombea ao depósito PE 3.000 l. A carón do depósito preténdese construír unha caseta que conterá un sistema para a rega por aspersión e goteo desa mesma parcela, que albergará un cámping.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2-4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 7 de marzo de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur