DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 3 de abril de 2025 Páx. 20434

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de obras no concello de Vilagarcía de Arousa (expediente DH.W36.101306).

Yonatan González Daponte solicita de Augas de Galicia a autorización de obras coas seguintes características:

Solicitante: Yonatan González Daponte.

Expediente: DH.W36.101306.

Lugar: Fontecarmoa.

Parroquia: Fontecarmoa (San Pedro).

Concello: Vilagarcía de Arousa.

Descrición das obras: construción dunha vivenda unifamiliar, piscina, peche permeable e obras de drenaxe, na parcela con referencia catastral 8948504NH1184N0001HJ e na zona inundable do rego Santa Mariña (CODRIO: 248005).

Este anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o artigo 109 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días contados a partir do seguinte á data de publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Vilagarcía de Arousa ou nas oficinas deste servizo, situadas na rúa López de Neira, núm. 3-4º, local 403, Vigo (Pontevedra), onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe, con cita previa no enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal. O proxecto obxecto desta autorización estará dispoñible para a súa consulta na páxina web deste organismo de bacía http://augasdegalicia.xunta.gal, na sección denominada participación pública.

Vigo, 27 de febreiro de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur