En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Comunidade de Usuarios de Piñeiro-Cerdido.
CIF: ****6787*.
Expediente: DH.A15.100580.
Volume total anual: 745,75 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,08 l/s.
Orixe: manancial. x= 580.740; y= 4.831.303.
(Coordenadas UTM ETRS89, fuso 29).
Lugar: O Piñeiro.
Parroquia: Cerdido (San Martiño).
Concello: Cerdido (A Coruña).
Destino: rega.
Lugar: O Piñeiro.
Parroquia: Cerdido (San Martiño).
Concello: Cerdido (A Coruña).
Descrición do aproveitamento:
Trátase dunha captación a modo de galería na parcela 15025A040002500000BU, que recolle a auga que brota nela mediante unha tubaxe de polietileno de 25 mm de diámetro, aloxada nunha tubaxe de gres de 80 mm de diámetro. Desde este punto lévase a auga cara a un depósito situado a 20 m dentro da mesma parcela.
As augas úsanse para a rega nas parcelas 15025A040004480001ZW, 15025A040004730000BU e 001101100NJ83A0001ZS. A condución a elas atravesa as parcelas 15025A040002270000BL, 15025A040004420000BH e 15025A014000630001ZL, así como unha pista municipal.
A documentación pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar, 15008 A Coruña. Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 21 de febreiro de 2025
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte
