De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0617/2024-PPM.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.
A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.
A Coruña, 24 de marzo de 2025
María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Núm. expediente |
DNI/NIF/NIE |
Acto que se notifica |
Enderezo |
|
PSC-CO-0617/2024-PPM |
54705863H |
Resolución |
Praza Alcaldesa Berta Tapia, 6, 6º esqda., 15011 A Coruña |
