Mediante a Resolución do 11 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Mobilidade, convocáronse as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada, que terán lugar na Comunidade autónoma de Galicia no ano 2025 (DOG núm. 222, do 18 de novembro).
Con posterioridade, mediante a Resolución do 30 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Mobilidade, procedeuse ao nomeamento do tribunal para as convocatorias do ano 2025.
Coa presente resolución procédese ao nomeamento dunha nova vogal suplente, e para garantir a máxima transparencia e facilitar que as persoas interesadas teñan coñecemento do tribunal efectúase a súa designación íntegra.
O Real decreto 284/2021, do 21 de abril, regula no anexo V os exames de cualificación inicial. Na sección 2ª, desenvolve a «designación de tribunais» onde sinala que «No caso de non se determinar na propia convocatoria, o órgano convocante deberá, con posterioridade a esta, designar o tribunal ou tribunais das probas (…) e proceder, así mesmo, á súa publicación no correspondente boletín oficial».
Polo exposto,
DISPOÑO:
Primeiro. Modifícase o punto segundo do número un da Resolución da Dirección Xeral de Mobilidade do 30 de decembro de 2024 pola que se desenvolve a Resolución do 11 de novembro de 2024 pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2025 e se procede ao nomeamento do tribunal para as convocatorias do ano 2025 (DOG núm. 7, do 13 de xaneiro), que queda redactado como segue:
«2. A composición do tribunal para as vindeiras convocatorias ordinarias do ano 2025 será o seguinte persoal da Dirección Xeral de Mobilidade:
Presidente: Antón García Río.
Presidenta suplente: Berta Arcay Vilas.
Vogais:
Mª Teresa Somoza García.
Eduardo Suárez Campo.
Tania Álvarez Meda.
Vogais suplentes:
Mª Inmaculada Carril Barco.
Elena Prado Veiga.
Tamara Subiela Gómez.
Elena González Fernández.
Fernando Souto Iglesias.
Berta Arcay Vilas.
Secretaria: Marta Figueiras García.
Secretaria suplente: Ana María Gómez Iglesias».
Segundo. Esta resolución producirá efectos desde a data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2025
Judit Fontela Baró
Directora xeral de Mobilidade
