DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2025 Páx. 20860

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Presidencia da Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2025, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 20 de xaneiro de 2025, polo que se autoriza a transmisión das licenzas para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica nas localidades de Ourense (98,8 MHz) e O Carballiño (97,9 MHz) a favor de Uniprex, S.A.U.

Adoptado o acordo polo Consello da Xunta de Galicia do 20 de xaneiro de 2025,

RESOLVO:

Primeiro. Autorizar a transmisión da licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica na localidade de Ourense, na frecuencia 98,8 MHz, da que é titular Radio Miño, S.A. a favor de Uniprex, S.A.U.

Segundo. Autorizar a transmisión da licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica na localidade do Carballiño, na frecuencia 97,9 MHz, da que é titular Radio Miño, S.A. a favor de Uniprex, S.A.U.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2025

Pedro Francisco Rojo Otero
Secretario xeral de Medios