Mediante a Resolución reitoral do 7 de febreiro de 2025 (DOG do 19 de febreiro e BOE do 3 de marzo), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de tecnoloxías da información e das comunicacións, grupo III, pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.
Segundo. Indicar que a citada listaxe provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.
Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:
https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm
Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.
Sexto. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo, que estará composto polas seguintes persoas:
Tribunal titular:
Presidente:
– José Manuel Velo García, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
Vogais:
– César Osorio Peláez, persoal laboral fixo do grupo III da USC.
– María dos Anxos Cabado Lourés, persoal laboral fixo do grupo III da USC.
– José Antonio Antelo Castelo, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
Secretaria:
– Sara López González, funcionaria de carreira da escala de xestión da USC, que actuará con voz e voto.
Tribunal suplente:
Presidente:
– Diego Conde Pérez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
Vogais:
– Tomás Vilariño Fidalgo, persoal laboral fixo do grupo II da USC.
– Félix Valtuille Pérez, persoal laboral fixo do grupo III da USC.
– David Tovías Villar Couto, persoal laboral fixo do grupo III da USC.
Secretaria:
– Luisa Ferreiro Couselo, funcionaria de carreira da escala administrativa da USC, que actuará con voz e voto.
Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2025
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
