A Resolución do 11 de setembro de 2024 estableceu as bases reguladoras e convocou, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas VInnovate Galicia para fomentar a cooperación transnacional dos axentes do Sistema galego de I+D a través de proxectos de colaboración con outros axentes europeos, ao abeiro da primeira convocatoria do Mecanismo interrexional VInnovate, cofinanciadas coa Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.
Os artigos 4 e 5 das bases reguladoras establecen os requisitos que deben cumprir as entidades beneficiarias para optar ás axudas.
Unha vez finalizada a revisión administrativa, o órgano instrutor formulou a proposta de inadmisión das solicitudes que non cumprían as exixencias contidas nas bases reguladoras, conforme o establecido no artigo 25.5 da convocatoria.
As solicitudes que resultaron admitidas foron obxecto do proceso de avaliación segundo os criterios de valoración establecidos no artigo 27 das bases reguladoras.
Así mesmo, conforme o disposto no artigo 28 das bases reguladoras da axuda, non puideron ser financiadas pola Axencia Galega de Innovación as solicitudes en que non estaba o proxecto interrexional avaliado favorablemente por todas as rexións financiadoras.
A Comisión de Selección prevista no artigo 26 das bases reguladoras reuniuse o día 13 de marzo de 2025 e elaborou unha relación, por orde decrecente de puntuación, das solicitudes que cumpren as condicións administrativas e técnicas para adquirir a condición de beneficiario/a. Esta relación inclúe a puntuación, o orzamento subvencionable e a subvención que corresponde ao proxecto global e a cada unha das entidades.
A competencia para resolver estas axudas correspóndelle á persoa titular da Dirección da Axencia Galega de Innovación, segundo o establecido no artigo 30.1 da convocatoria.
RESOLVO:
Primeiro. Conceder as axudas aos proxectos que figuran como anexo I desta resolución, por orde decrecente de puntuación, con cargo ás aplicacións orzamentarias 07.A2.561A.770.0, 07.A2.561A.744.0 e 07.A2.561A.781.0.
Segundo. Inadmitir as solicitudes que figuran como anexo II desta resolución polas causas que se detallan.
Terceiro. Desestimar as solicitudes que figuran como anexo III desta resolución, por non estar o proxecto interrexional financiado por todas as rexións financiadoras, segundo o disposto no artigo 28 das bases reguladoras.
As axudas desta convocatoria están cofinanciadas pola Unión Europea ao abeiro do programa Galicia Feder 2021-2027, obxectivo político OP1, Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e da comunicación, nas seguintes prioridades, obxectivos específicos e liñas de actuación:
• Prioridade 1.A. Transición dixital e intelixente; obxectivo específico RSO 1.1. Desenvolver e mellorar as capacidades de investigación e innovación e asimilar tecnoloxías avanzadas; liña de actuación L.A.1.1.7. Articulación de diferentes apoios para fomentar as sinerxías e complementariedades con axudas doutras administracións: nacional e europea, e subtipo de actuación 1.1.7.4. Proxectos de I+D+i de cooperación internacional.
Respecto aos tipos de intervención, nesta liña prevese o seguinte, coa súa correspondente previsión da axuda Feder:
• 028 Transferencia de tecnoloxía e cooperación entre empresas, centros de investigación e o sector do ensino superior.
As axudas concedidas imputaranse ás aplicacións orzamentarias 07.A2.561A.770.0, 07.A2.561A.744.0 e 07.A2.561A.781.0 nas cales existe crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor un recurso de alzada ante a persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación no prazo dun mes, que comeza a contar a partir do día seguinte a que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2025
Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación
ANEXO I
Solicitudes concedidas
|
Expediente |
Título do proxecto |
Acrónimo do proxecto |
Puntos |
Orzamento (€) |
% |
Subvención (€) |
2025 (€) |
2026 (€) |
2027 (€) |
|
IN848G 2024/05 |
Driving Sustainability in Manufacturing |
Driving |
72,5 |
253.425,05 |
152.055,03 |
138.199,65 |
13.855,38 |
0,00 |
|
|
Desagregación por entidade beneficiaria |
|||||||||
|
NIF |
Empresa solicitante |
Actividade |
Orzamento (€) |
% |
Subvención (€) |
2025 (€) |
2026 (€) |
2027 (€) |
|
|
G36871424 |
Fundación para la Promoción de la Innovación, Investigación y Desarrollo Tecnológico en la Industria de Automoción (CTAG) |
Con colaboración efectiva entre empresa/s e organismo/s de investigación (polo menos unha delas peme e o/s organismo/s asume/n polo menos o 10 % do orzamento subvencionable e pode/n publicar os resultados da súa investigación) |
128.526,30 |
60 |
77.115,78 |
63.260,40 |
13.855,38 |
0,00 |
|
|
B27853530 |
Oveun Software & Tech SRL |
Con colaboración efectiva entre empresa/s e organismo/s de investigación (polo menos unha delas peme e o/s organismo/s asume/n polo menos o 10 % do orzamento subvencionable e pode/n publicar os resultados da súa investigación) |
124.898,75 |
60 |
74.939,25 |
74.939,25 |
0,00 |
0,00 |
|
|
Expediente |
Título do proxecto |
Acrónimo do proxecto |
Puntos |
Orzamento (€) |
% |
Subvención (€) |
2025 (€) |
2026 (€) |
2027 (€) |
|
IN848G 2024/01 |
Materiais de apósito avanzados e sostibles para aplicacións en feridas crónicas |
Aerocare |
69 |
333.474,48 |
200.084,69 |
59.504,40 |
73.873,80 |
66.706,49 |
|
|
Desagregación por entidade beneficiaria |
|||||||||
|
NIF |
Empresa solicitante |
Actividade |
Orzamento (€) |
% |
Subvención (€) |
2025 (€) |
2026 (€) |
2027 (€) |
|
|
B56380454 |
Health Biolux, S.L. |
Con colaboración efectiva entre empresa/s e organismo/s de investigación (polo menos unha delas peme e o/s organismo/s asume/n polo menos o 10 % do orzamento subvencionable e pode/n publicar os resultados da súa investigación) |
173.474,48 |
60 |
104.084,69 |
30.608,40 |
30.719,40 |
42.756,89 |
|
|
NIF |
Empresa solicitante |
Actividade |
Orzamento (€) |
% |
Subvención (€) |
2025 (€) |
2026 (€) |
2027 (€) |
|
|
Q1518001A |
Universidade de Santiago de Compostela |
Con colaboración efectiva entre empresa/s e organismo/s de investigación (polo menos unha delas peme e o/s organismo/s asume/n polo menos o 10 % do orzamento subvencionable e pode/n publicar os resultados da súa investigación) |
160.000,00 |
60 |
96.000,00 |
28.896,00 |
43.154,40 |
23.949,60 |
|
|
Expediente |
Título do proxecto |
Acrónimo do proxecto |
Puntos |
Orzamento (€) |
% |
Subvención (€) |
2025 (€) |
2026 (€) |
2027 (€) |
|
IN848G 2024/08 |
Advancing Personalized Drug Delivery for Onychomycosis through Validation of Performance, Safety and Additive Manufacturing Validation |
Ortesis Etnopar |
66 |
211.753,84 |
127.052,30 |
43.357,20 |
50.035,20 |
33.659,90 |
|
|
Desagregación por entidade beneficiaria |
|||||||||
|
NIF |
Empresa solicitante |
Actividade |
Orzamento (€) |
% |
Subvención (€) |
2025 (€) |
2026 (€) |
2027 (€) |
|
|
Q1518001A |
Universidade de Santiago de Compostela |
Con colaboración efectiva entre empresa/s e organismo/s de investigación (polo menos unha delas peme e o/s organismo/s asume/n polo menos o 10 % do orzamento subvencionable e pode/n publicar os resultados da súa investigación) |
175.553,84 |
60 |
105.332,30 |
35.857,20 |
40.615,20 |
28.859,90 |
|
|
B56997240 |
Etnogal, S.L. |
Con colaboración efectiva entre empresa/s e organismo/s de investigación (polo menos unha delas peme e o/s organismo/s asume/n polo menos o 10 % do orzamento subvencionable e pode/n publicar os resultados da súa investigación) |
36.200,00 |
60 |
21.720,00 |
7.500,00 |
9.420,00 |
4.800,00 |
|
|
Expediente |
Título do proxecto |
Acrónimo do proxecto |
Puntos |
Orzamento (€) |
% |
Subvención (€) |
2025 (€) |
2026 (€) |
2027 (€) |
|
IN848G 2024/09 |
Blades Tidal Energy Mill 2.0 |
Blatem 2.0 |
64 |
611.578,59 |
247.131,44 |
152.938,75 |
62.666,53 |
31.526,16 |
|
|
Desagregación por entidade beneficiaria |
|||||||||
|
NIF |
Empresa solicitante |
Actividade |
Orzamento (€) |
% |
Subvención (€) |
2025 (€) |
2026 (€) |
2027 (€) |
|
|
B94015963 |
Magallanes Renovables, S.L. |
Con colaboración entre empresas (unha delas, unha peme) |
586.578,59 |
40 |
234.631,44 |
145.880,25 |
57.948,53 |
30.802,66 |
|
|
B70349089 |
D3 Applied Tech, S.L. |
Con colaboración entre empresas (unha delas, unha peme) |
25.000,00 |
50 |
12.500,00 |
7.058,50 |
4.718,00 |
723,50 |
|
ANEXO II
Solicitudes inadmitidas
|
Expediente |
Acrónimo do proxecto |
Empresa solicitante |
NIF |
Causa |
Incidencia |
|
IN848G 2024/03 |
Woodsync |
Cerna Ingeniería y Asesoría Medioambiental, S.L |
B27284835 |
1 |
Na empresa Torres Forestal o custo de persoal propio supera o 80 % do custo subvencionable da entidade. |
|
IN848G 2024/04 |
Adlpt |
Instituto de Investigaciones Marinas |
Q2818002D |
2 |
Non foron achegadas coa solicitude a memoria técnica nin a memoria DNSH. |
|
Causas de inadmisión |
|
|
1 |
O custo de persoal propio non cumpre o máximo do 80 % do custo subvencionable do orzamento de cada entidade, tal como establece o artigo 11.1 das bases reguladoras da axuda. |
|
2 |
Non presentar a documentación que o artigo 25.2 das bases reguladoras da axuda considera non emendable. |
ANEXO III
Solicitudes desestimadas
|
Expediente |
Acrónimo do proxecto |
Empresa solicitante |
NIF |
Causa |
Incidencia |
|
IN848G 2024/02 |
AI-Med |
Balidea Consulting & Programming, S.L. |
B15850647 |
1 |
O proxecto interrexional non foi financiado por todas as rexións financiadoras. |
|
IN848G 2024/06 |
Atim |
Fundación CTAG |
G36871424 |
1 |
O proxecto interrexional non foi financiado por todas as rexións financiadoras. |
|
IN848G 2024/07 |
Buildsafe |
Fundación para la Promoción de la Innovación, Investigación y Desarrollo Tecnológico en la Industria de Automoción (CTAG) |
G36871424 |
1 |
O proxecto interrexional non foi financiado por todas as rexións financiadoras. |
|
IN848G 2024/10 |
Reshare |
Fujitsu Research of Europe Limited |
W8265508E |
1 |
O proxecto interrexional non foi financiado por todas as rexións financiadoras. |
|
IN848G 2024/11 |
Oralprint |
Universidade da Coruña |
Q6550005J |
1 |
O proxecto interrexional non foi financiado por todas as rexións financiadoras. |
|
Causas de desestimación |
|
|
1 |
O proxecto galego só poderá ser financiado pola Axencia Galega de Innovación se todas as rexións financiadoras do proxecto interrexional o avalían favorablemente, tal e como establece o artigo 28 das bases reguladoras da axuda. |
