DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2025 Páx. 20898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 25 de marzo de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución do recurso de reposición presentado contra o acordo de revisión de esbozo do monte veciñal Carracedo, Río Seco e Chao de Louxeira, parroquia de Santa María Maior, concello de Mondoñedo (expediente 16_79/2022_113).

Na sesión realizado polo Xurado Provincial o día 18.3.2025 figura o seguinte acordo relativo ao monte veciñal en man común (MVMC) de Carracedo, Río Seco e Chao de Louxeira, pertencente aos veciños da parroquia de Santa María Maior, no concello de Mondoñedo (expediente 16_79/2022_113).

O 30.10.2024 o Xurado acordou a revisión de esbozo presentada polo Servizo de Montes, e quedaría o monte cunha superficie de 274,66 hectáreas.

O 29.11.2024 a Comunidade de Santa María Maior presentou un recurso de reposición contra a resolución do Xurado en que alegaba un erro no acordo tomado, e concretaba que parcelas particulares quedaron incluídas na superficie final do monte.

Unha vez examinado o recurso presentado, o Servizo de Montes, o 13.1.2025, elaborou unha nova memoria tras constatar a existencia dun erro cartográfico na exclusión de certas parcelas con titularidade particular. Estas parcelas, que non deberían formar parte do monte veciñal, foron incluídas de forma incorrecta no esbozo definitivo e, por ese motivo, efectúase a revisión e corrección do esbozo definitivo, excluíndo da superficie final as parcelas afectadas. Con todo isto, a superficie final do monte Carracedo, Río Seco e Chao de Louxeira é de 258,60 hectáreas.

Unha vez examinado o recurso de reposición, o Xurado, por unanimidade, acorda estimalo, de conformidade cos fundamentos que se recollen na correspondente resolución.

Contra esta resolución poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á súa notificación ou publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 25 de marzo de 2025

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo