De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 24 de marzo de 2025, do proxecto de planta de elaboración de café no parque empresarial das Gándaras, no concello de Lugo, promovido por Café Candelas, S.L.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
