DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2025 Páx. 20700

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

CORRECCIÓN DE ERROS. Extracto da Orde do 24 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a convocatoria e selección de centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa de capacitación en competencia dixital, Campamentos dixitais de verán, dirixido ao alumnado de entre 9 e 17 anos ao remate do curso 2024/25 no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento ED505C).

Advertido erro no citado extracto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 63, do 1 de abril de 2025, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 19964, no punto cuarto, número 1, onde di: «por un importe máximo de 536.450,00 €», debe dicir: «por un importe máximo de 536.336,68 €».