DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2025 Páx. 20882

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 17 de marzo de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2023/11-1).

Unha vez outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Porto de Conxo e anexo I, no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2023/11-1), por resolución deste departamento territorial, do 31 de outubro de 2024, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15008 A Coruña, este departamento territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 8 de maio de 2025 para o levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica contidos na relación de fincas que se exporán xunto con este acordo no taboleiro de edictos do Concello de Santiago de Compostela, deducida da que se someteu á información pública no DOG do 5.4.2024, no BOP do 18.3.2024 e no xornal La Voz de Galicia do 25.3.2024, acto ao que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles efectuará notificación individual e se lles sinalarán os horarios da toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas no local situado en Casas Reais, nº 8, do dito concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 17 de marzo de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña