DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2025 Páx. 20878

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 14 de marzo de 2025, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello do Corgo (expediente IN407A 2023/58-2).

O 4 de novembro de 2024, o Consello da Xunta de Galicia ditou acordo polo que se outorga á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. a autorización administrativa previa e de construción, se declara a utilidade pública, en concreto, e a prevalencia sobre un monte veciñal en man común, da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica denominada Nova LMTA para peche da LMTA LUG801 e SAR813 (O Corgo), no concello do Corgo (Lugo).

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, este departamento territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar a todas as persoas afectadas coas cales non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a este acordo e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do Concello do Corgo, deducida da que se someteu a información pública no diario La Voz de Galicia do 19 de xuño de 2023 e no Diario Oficial de Galicia do 3 de xullo de 2023, para que comparezan o día 22 de maio de 2025, no Concello do Corgo, sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalarán día e hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello do Corgo estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por unha persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, e poderán ir acompañados dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírtese a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito neste departamento territorial (rolda da Muralla 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE), e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 14 de marzo de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de nova LMTA para peche da LMTA LUG801 e SAR813 (O Corgo)

Concello: O Corgo (Lugo).

Expediente: IN407A 2023/58-2.

Núm. predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietario/s

Apoio (núm.)

Sup. (m2)

Afeccións
(ml. aér.)

Afeccións
(m2 aér.)

1

105

27

Monte Armada

Monte alto

CMVMC As Gándaras, Santa Isabel e Armada/Repr.: Manuel Fernández López (secretario)

7,0

118,0

2

105

26

Monte Armada

Monte alto

CMVMC As Gándaras, Santa Isabel e Armada/Repr.: Manuel Fernández López (secretario)

1

2,0

6,0

103,0

3

105

58

Monte Armada

Monte alto

CMVMC As Gándaras, Santa Isabel e Armada/Repr.: Manuel Fernández López (secretario)

1,0

31,0

4

105

59

Monte Armada

Monte alto

CMVMC As Gándaras, Santa Isabel e Armada/Repr.: Manuel Fernández López (secretario)

10,0

128,0

5

105

60

O Novo

Monte alto

CMVMC As Gándaras, Santa Isabel e Armada/Repr.: Manuel Fernández López (secretario)

12,0

186,0

6

105

61

O Novo

Monte alto

CMVMC As Gándaras, Santa Isabel e Armada/Repr.: Manuel Fernández López (secretario)

13,0

202,0

7

105

62

Monte Armada

Monte alto

CMVMC As Gándaras, Santa Isabel e Armada/Repr.: Manuel Fernández López (secretario)

11,0

173,0

8

105

63

Monte Armada

Monte alto

CMVMC As Gándaras, Santa Isabel e Armada/Repr.: Manuel Fernández López (secretario)

9,0

140,0

9

105

64

Monte Armada

Monte alto

CMVMC As Gándaras, Santa Isabel e Armada/Repr.: Manuel Fernández López (secretario)

8,0

127,0

10

105

65

Monte Armada

Monte alto

CMVMC As Gándaras, Santa Isabel e Armada/Repr.: Manuel Fernández López (secretario)

10,0

162,0

11

105

66

Monte Armada

Monte alto

CMVMC As Gándaras, Santa Isabel e Armada/Repr.: Manuel Fernández López (secretario)

13,0

202,0

12

105

67

Casa

Monte alto

José Luis Lodeiro López

11,0

181,0

13

105

68

Monte Armada

Monte alto

CMVMC As Gándaras, Santa Isabel e Armada/Repr.: Manuel Fernández López (secretario)

2

2,0

32,0

529,0

15

105

72

Agor de Arriba

Prado

Hros. de José Castro Castro

3, 4, 5

6,0

696,0

6.114,0

16

106

83

Cortiña

Monte alto

Hros. de José Castro Castro

6

2,0

304,0

4.857,0

17

106

100

Monte de Sabarei

Monte alto

Descoñecido

7 (1/2)

1,0

3,0

72,0

20

106

103

Monte de Abaixo

Monte alto

Descoñecido

9,0

142,0

21

106

104

Monte de Abaixo

Monte alto

Descoñecido

9,0

140,0

22

106

105

Monte de Abaixo

Monte alto

Descoñecido

7,0

116,0

23

106

106

Monte de Abaixo

Monte alto

Descoñecido

13,0

208,0

24

106

107

Baixo de Carretero

Monte alto

José Antonio Ferreiro Palacios

11,0

174,0

32

106

115

Monte de Baixo

Monte alto

Descoñecido

8 (1/2)

1,0

8,0

128,0

35

106

118

Monte de Baixo

Monte alto

Descoñecido

10,0

159,0

41

106

24

Monte de Baixo

Monte alto

Carlos Fernández Álvarez

21,0

334,0

44

106

47

Lama Cabalar

Prado

Jaime García Valcárcel

9

2,0

67,0

1.082,0