DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2025 Páx. 20876

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ANUNCIO do 22 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De acordo co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións administrativas derivadas dos procedementos indicados no anexo.

As persoas interesadas ou os seus representantes deberán comparecer para ser notificadas, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, como órgano competente para a tramitación dos citados procedementos, sita en Santiago de Compostela, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

As notificacións pendentes tamén poderán obterse mediante comparecencia no Sistema de notificacións de Galicia (https://notifica.xunta.gal/notificaciones/portal/login), se se dispón de Chave365 ou certificado dixital.

Transcorrido o dito prazo sen ter comparecido, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo indicado.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2025

Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Persoa interesada

Procedemento

Alonso Comesaña, Mª Teresa

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Carreiro Fernández, José

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Dacal Blanco, Divina

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Fernández Rocha, Beatriz

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

López Saavedra, Daniel

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Lorenzo Portos, Álvaro

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Pérez Vidal, Carolina

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Rodríguez Rúa, Berta

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Torre Vilariño, Águeda

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)

Viñas Holgado, Blanca

Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo)