Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:
Peticionaria: Begasa.
Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.
Denominación: cambio liña alimentación E.M. Xunta (4677).
Situación: concello de Lugo.
Características técnicas principais:
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Castelar en canalización proxectada (90 m) e existente, con orixe nunha cela do CM E.M. Xunta (4677) e final nunha cela no CT (5625) Castelar B, cunha lonxitude de 340 metros en condutor HEPRZ1-240mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Castelar en canalización proxectada (90 m) e existente, con orixe nunha cela da subestación C. Conde e final nunha cela do CM E.M. Xunta (4677), cunha lonxitude de 260 metros (140 metros existentes e 120 metros desprazados) en condutor RHZ1-240.
• Liña soterrada de alta tensión 20 kV sector 6, consistente na realización dun empalme nunha arqueta existente para a unión dos CT Monforte (602) e Cervantes_1 (2242).
• Desmontaxe de 240 metros de condutor RHZ1-150 e de 90 metros de condutor RHZ1-240.
Finalidade da instalación: mellora da instalación.
Orzamento: 35.995,45 €.
Documentación que se xunta:
• Separata para o Concello de Lugo.
• Separata para a Consellería de Cultura.
Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 26 de marzo de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
