DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2025 Páx. 20931

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle para as parcelas EQ2 e EQ3 do parque empresarial das Gándaras.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 30.12.2024, adoptou, entre outros, os seguintes acordos:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para as parcelas EQ2 e EQ3 do parque empresarial das Gándaras, promovido pola UTE ECO Lugo, e redactado en novembro de 2024 polo arquitecto Eusebio Chao Carreiras, de conformidade co disposto no artigo 80 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Segundo. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e instar a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, en cumprimento do disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Unha vez inscrito no Rexistro de Planeamento, as determinacións contidas no número 4 do estudo de detalle publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo.

O contido íntegro do documento aprobado definitivamente poderá consultarse na sede electrónica do Concello de Lugo na seguinte ligazón: https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/normativa-urbanistica

Terceiro. Contra a aprobación do estudo de detalle poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 14 de marzo de 2025

O alcalde
P.D. (Decreto 1727/2024)
Hipólito Pérez Novo
Director xeral de Urbanismo