A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria do 28 de febreiro de 2025, adoptou o seguinte acordo:
«10. Aprobación da aceptación da delegación de competencias do Concello de Coristanco en materia de recadación da taxa pola entrada de vehículos.
1. Aceptar a delegación das competencias acordada polo Concello de Coristanco en relación coa seguinte materia:
Recadación voluntaria e executiva da taxa pola entrada de vehículos a través das beirarrúas e reservas da vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos e carga e descarga de mercadorías, de notificación colectiva por padrón e cuxo cobramento se realice por trimestres ou períodos superiores.
2. A delegación entrará en vigor unha vez sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da provincia, e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial».
O que se fai público para xeral coñecemento.
A Coruña, 12 de marzo de 2025
|
O presidente da Deputación Provincial |
Miguel Iglesias Martínez |
