En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Mª del Carmen Mosquera Iglesias.
DNI: ***9325**.
Expediente: DH.A15.105637.
Volume total anual: 5.283,5 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,73 l/s.
Destino: rega e uso gandeiro.
Orixe: manancial e fonte-bebedoiro.
Lugar: Pasarelos.
Parroquia: Pasarelos (San Román).
Concello: Oroso.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consta de dúas captacións independentes. Por unha banda, cáptanse augas dun manancial situado nas coordenadas UTM ETRS89 fuso 29 X=556.331 Y=4.761.917 mediante unha tubaxe de PVC que cruza a estrada ao longo duns 10,5 m e percorre uns 28,5 m pola parcela núm. 5207 do polígono 504 ata o punto de consumo, consistente nun lavadoiro privado que reborda nun estanque de 34 m3, que se utiliza para rega por gravidade. Por outra banda, preténdese a captación de augas procedente dun lavadoiro-bebedoiro situado na parcela de referencia 000200400NH56B0001QR, que se alimenta de mananciais próximos, no punto de coordenadas X=556.273 Y=4.761.908, e a súa condución por tubaxe de 32 mm de diámetro, soterrada ao longo duns 30,5 m, ata un bebedoiro-estanque privado na parcela núm. 498, que se empregará para uso gandeiro e para rega.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña). Para facilitar esta consulta poderán solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2025
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
