DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 7 de abril de 2025 Páx. 20911

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 24 de marzo de 2025, de resolución do recurso de reposición interposto contra as resolucións de aprobación do proxecto básico e do polígono agroforestal de iniciativa pública de Oímbra (Oímbra-Ourense) (expediente PA-21-01).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle a persoa interesada que se indica no anexo deste anuncio a resolución do recurso de reposición interposto contra as resolucións de aprobación do proxecto básico e do polígono agroforestal de iniciativa pública de Oímbra (Oímbra-Ourense).

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU):

a) De xeito presencial, nas dependencias da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (A Barcia, núm. 56, Laraño, Santiago de Compostela, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

b) Na sede electrónica https://sede.xunta.gal/portada, se é un suxeito que opta por relacionarse electronicamente coas administracións públicas, ou está obrigado a relacionarse de tal xeito. De se tratar dun procedemento que aínda non estea habilitado na sede electrónica, pode solicitar que se lle remita ou se poña á súa disposición o expediente.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2025

María Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Anexo I

Persoa interesada á cal, logo de intentada a notificación, non se lle puido efectuar

Referencia catastral

Nome e apelidos

32054A0******9****SO

Margarita Méndez Damorín