DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2025 Páx. 21144

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de marzo de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan propietarios da zona de concentración parcelaria de Mercurín-Lesta II (Ordes-A Coruña) para seren notificados dunha resolución relativa á modificación do acordo da zona de concentración.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), emprázanse as persoas propietarias da zona de concentración parcelaria de Mercurín-Lesta II (Ordes-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados dunha resolución relativa á modificación do acordo da zona de concentración.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 24 de marzo de 2025

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Mercurín-Lesta II (Ordes-A Coruña)

DNI/Nome

Núm. prop.

Acto notificado

76310615L

40

Rdx 5.2.2025

32359098F

166

Rdx 5.2.2025

Ramón García Villaverde

281

Rdx 5.2.2025

32191302L

301

Rdx 5.2.2025

32306819F

711

Rdx 5.2.2025

32390190A

799

Rdx 5.2.2025

32330053B

854

Rdx 5.2.2025

32385675L

886

Rdx 5.2.2025