DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2025 Páx. 21146

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 25 de marzo de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución do recurso de reposición contra o acordo de revisión de esbozo do monte veciñal de Sur Arroio Raposeiras, no concello de Palas de Rei (expediente 74_76/2022_43).

Na sesión que tuvo lugar polo Xurado Provincial o día 18.3.2025, figura o seguinte acordo:

Monte Sur Arroio Raposeiras, pertencente aos veciños do sur da parroquia de Augas Santas, no concello de Palas de Rei (expediente 74_76/2022_43).

O 4.8.2022 tivo entrada unha solicitude da dita comunidade para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal. Durante a tramitación do procedemento presentou alegacións Rocío López López, en que expón, en síntese, que a parcela 27040A09900036 é da súa propiedade, para o que achega, entre outros documentos, nota simple do Rexistro da Propiedade de Chantada.

O 30.10.2024, o Xurado ditou a resolución pola que aprobou a revisión do esbozo do MVMC Sur Arroio Raposeiras, de acordo co informe elaborado polo Servizo de Montes do 22.10.2024, en que se recolle que a parcela catastral 27040A09900036 defire dos límites dispostos na certificación catastral, concretamente na parte leste. Este acordo foi publicado no Diario Oficial de Galicia o 12.12.2024.

O 26.12.2024 tivo entrada un recurso de reposición presentado por Rocío López López. En síntese, expón:

– O esbozo resultante do MVMC Sur Arroio Raposeiras inclúe terreos pertencentes á súa propiedade, como xa refería nas alegacións, e non se axusta ao procedemento descrito na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, de montes de Galicia.

– Solicita a caducidade do procedemento sustentándose no artigo 21.3 da LPAC.

Examinado o recurso de reposición, o Xurado, por unanimidade, acorda desestimalo, de conformidade cos fundamentos que se recollen na correspondente resolución.

Contra esta resolución poderase interpor, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no Diario Oficial de Galicia, recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 25 de marzo de 2025

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo