DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2025 Páx. 20949

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 31 de marzo de 2025 pola que se dispón o nomeamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 16 de setembro de 2010, faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta da Federación Galega de Confrarías de Pescadores,

DISPOÑO:

O nomeamento de Juan José Rial Millán como vogal representante do sector pesqueiro no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2025

Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar