En virtude do establecido no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade ao seguinte encargo:
– Resolución do 24 de marzo de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se encarga á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a execución dos traballos de trampeo selectivo, planificado e controlado dentro do Plan de choque contra a avespa asiática (Vespa velutina) no ano 2025.
– Actividade: traballos de trampeo selectivo, planificado e controlado dentro do Plan de Choque contra a avespa asiática (Vespa velutina) no ano 2025.
– Natureza e alcance do encargo:
Trátase dun encargo a un medio propio de acordo cos artigos 32 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.
A Empresa Pública de Servicios Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) é unha sociedade mercantil pública autonómica das previstas no artigo 102 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, que de acordo co artigo 1.4 dos seus estatutos ten «a consideración de medio propio e instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades instrumentais do sector público autonómico».
Seaga encargarase da execución dos traballos de trampeo selectivo, planificado e controlado dentro do Plan de choque contra a avespa asiática (Vespa velutina).
– Financiamento: o orzamento de execución ascende a seiscentos noventa e nove mil catrocentos cincuenta e un euros con dezasete céntimos (699.451,17 €) que se financiará con cargo á aplicación orzamentaria 05.04.141A.227.42 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2025, na que existe crédito axeitado e suficiente.
– Prazo de vixencia: comezará o día da sinatura do encargo (24 de marzo de 2025) e estenderase ata o 30 de decembro de 2025, e poderá prorrogarse nos termos que se determinen antes da finalización do encargo.
Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2025
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería
de Presidencia, Xustiza e Deportes
