DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2025 Páx. 21141

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 26 de marzo de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifica o arquivamento das actuacións do expediente sancionador en materia de industria IN635C SANC-IND OU 2024/24-3.

De conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio do presente anuncio notifícaselle á entidade relacionada no anexo o acto que se indica, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar.

En cumprimento do disposto no artigo 46 da citada lei, a persoa interesada poderá comparecer nun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinar este acto nas dependencias da Área Xurídica do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria, situada na rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. O acto adoptouno quen se indica no anexo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao vencemento do prazo indicado. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 26 de marzo de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Núm. de expediente

Acto notificado

NIF interesado/a

Acto adoptado por

Data do acto

IN635C SANC-IND OU 2024/24-3

Arquivamento das actuacións

B27877679

A persoa instrutora

28 de febreiro de 2025