Nesta dirección territorial acordouse o inicio do procedemento para declarar a extinción da autorización de aproveitamento e a caducidade do dereito mineiro Bañiño número 30, a José Manuel Iglesias Cid, co DNI **582***Q, como titular do citado dereito mineiro.
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase a José Manuel Iglesias Cid para ser notificado por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.
A persoa interesada, a través dos seus representantes, deberá comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, na rúa Curros Enríquez nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 26 de marzo de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
