Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícaselles ás persoas interesadas pola expropiación o traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de interruptor TC no apoio nº CPAFQ80M/243 Cervantes, segundo se sinala no cadro anexo.
Lugo, 25 de marzo de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/42-2.
Denominación: Instalación de interruptor TC no apoio nº CPAFQ80M/243 Cervantes.
Traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación no concello de Pantón.
|
Nº predio |
Polígono |
Parcela |
Cultivo |
Lugar |
Propietario |
|
1 |
74 |
166 |
Monte baixo |
Capudre |
Monte comunal de Degrada |
