Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícaselles ás persoas interesadas o requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación Regulamentación LMTA SAR804 entre os apoios nº D155 e nº D158, segundo se sinala no cadro anexo.
Lugo, 25 de marzo de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: IN407A 2022-37.
Denominación: Regulamentación LMTA SAR804 entre os apoios nº D155 e nº D158.
Requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación no concello de Paradela.
|
Predio |
Políg. |
Parc. |
Propietario |
Lugar |
Cultivo |
Apoio nº |
Apoio superficie ocupada (m²) |
Voo (long.) |
Voo (sup. m²) |
|
1 |
17 |
1107 |
Jaime Fernández Ojea |
Vieiros |
Monte baixo |
D155 |
2.0 |
5 |
75 |
