DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2025 Páx. 21162

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Incio

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público para o ano 2025.

En cumprimento do artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, faise público que, de acordo co artigo citado e co artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, por acordo da Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria do 2 de abril de 2025, se aprobou a oferta de emprego público do Concello do Incio (Lugo) para o ano 2025, que comprende as prazas de persoal funcionario de carreira, dotadas orzamentariamente, e que se relacionan a continuación:

Núm. vacantes

Denominación

Escala/subescala

Grupo/subgrupo

Tipo de persoal

1

Técnico de xestión da Administración xeral

Administración xeral/xestión

A/A2

Funcionario de carreira

O Incio, 2 de abril de 2025

Héctor Manuel Corujo González
Alcalde presidente