En cumprimento do artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, faise público que, de acordo co artigo citado e co artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, mediante a Resolución da Alcaldía do 10 de marzo de 2025, se aprobou a oferta de emprego de emprego público ordinaria para 2025 que comprende a praza de persoal funcionario dotada no orzamento da Corporación, co seguinte detalle:
Persoal funcionario:
|
Nº de vacantes |
Denominación |
Escala/subescala |
Grupo |
Tipo de persoal |
|
1 |
Arquitecto/a (50 % xornada) |
Administración especial/técnica |
A1 |
Funcionario de carreira |
Persoal laboral fixo:
|
Nº de vacantes |
Denominación |
Xornada |
Grupo |
Tipo de persoal |
|
1 |
Operario/a de servizos varios |
Xornada completa |
V |
Laboral fixo |
Contra a citada resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante a alcaldesa, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo da interposición de calquera outro recurso que se puidese considerar máis conveniente.
Rábade, 5 de marzo de 2024
Remedios González Cabarcos
Alcaldesa
