Por imposibilidade de notificación do seguinte acordo do concelleiro delegado de Medio Ambiente do 22.1.2025 e ao non resultar posible a súa práctica efectiva aos titulares, de acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, notifícaselles mediante a publicación no BOE, no DOG e no taboleiro de anuncios do Concello o seguinte:
Acto que se notifica: acordo de incoación de expediente de orde de eliminación de malezas e arboredo nuns terreos sitos en Fonte da Vila-Salvaterra.
Propietaria: Promociones Amil Guillade, S.L.
Parcela catastral: polígono 01, parcela 72 e parcelas 2094016NG4529S0001LS, 2094018NG4529S0001FS.
Requírese a propietaria para que no prazo máximo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, proceda á xestión da biomasa nas parcelas indicadas, de conformidade cos artigos 21 e 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
No caso de incumprimento, poderase proceder á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22 da Lei 3/2007; ou á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas de 1.000 a 10.000 euros, reiterables ata acadar a execución do ordenado. Todo isto, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
O texto íntegro do documento e resto de trámites do expediente poderán ser consultados, por comparecencia do interesado, no Departamento de Secretaría do Concello de Salvaterra de Miño para o seu coñecemento.
Salvaterra de Miño, 18 de marzo de 2025
Marta Valcárcel Gómez
Alcaldesa
