DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2025 Páx. 21165

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de convocatoria de proceso selectivo para a cobertura, como funcionario de carreira, dunha praza de administrativo da Administración xeral, subescala administrativa, grupo C, subgrupo C1, mediante concurso-oposición en quenda libre, incluída na oferta de emprego público para o ano 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 73, do 29.3.2025, publicáronse integramente as bases do proceso selectivo para a cobertura, como funcionario de carreira, dunha praza de administrativo da Administración xeral, subescala administrativa, grupo C, subgrupo C1, mediante concurso-oposición en quenda libre, incluída na oferta de emprego público do Concello de Sarria para o ano 2022.

De conformidade co disposto nas citadas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica da páxina web municipal: https://sarria.sedelectronica.es

Sarria, 31 de marzo de 2025

Claudio Melquiades Garrido Martínez
Alcalde