DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 8 de abril de 2025 Páx. 21155

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 14 de marzo de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Cerdedo-Cotobade (expediente DH.A36.102740).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Benita González Cespón en representación da Comunidade de Usuarios de Zameiro-Pereiros.

Expediente: DH.A36.102740.

Volume total anual: 2.823,30 m³/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,12 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: dos (2) mananciais na parcela 30, polígono 62 do catastro de Cerdedo-Cotobade.

Lugar: Calvelo.

Parroquia: Tenorio.

Concello: Cerdedo-Cotobade.

Descrición:

A auga dos mananciais condúcese a depósito de bloques de formigón de 25 m³ na parcela 30, polígono 62, desde o que se distribúe ás vivendas que abastece a Comunidade no lugar de Calvelo.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2-4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública.

Vigo, 14 de marzo de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur