De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) e a Central Sindical Independente e de Funcionarios de Galicia (CSIF Galicia) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación,
RESOLVO:
Convocar o curso que figura no anexo II, que deberá desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.
Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2025
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública
ANEXO I
Primeira. Requisitos das persoas participantes
Estas edicións do curso están dirixidas ás persoas traballadoras activas ou en situación de desemprego, os delegados e delegadas de prevención, de recursos preventivos, que traballen o traballasen nas categorías ou especialidades propias do SPIF na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, que desenvolvan ou poidan desenvolver tarefas e actividades na defensa, prevención e/ou extinción de incendios forestais, tales como os/as bombeiros/as forestais, bombeiros/as forestais condutores/as, bombeiros/as forestais xefes/as de brigada, bombeiros/as forestais condutores/as de motobomba, emisoristas/vixilantes do SPIF, operador codificador de datos do SPIF entre outros, e reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación
As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada unha delas se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.
Terceira. Solicitudes e prazos
1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 15 de abril de 2025.
2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.
4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.
6. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade ou permisos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) de acordo cos criterios de selección poderán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ou ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario, só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no número 1 desta base.
7. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 54, 981 54 62 57, 981 54 63 35 e 981 54 62 53, en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.
Cuarta. Comprobación de datos
1. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes das accións formativas necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opuxese a iso. Neste caso, a persoa interesada deberá indicalo incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar ademais unha copia dos documentos a cuxa consulta se opón a través do seguinte enderezo electrónico ˂xestion.egap@xunta.gal˃.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración a través do seguinte enderezo electrónico ˂xestion.egap@xunta.gal˃
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios recollidos nesta convocatoria.
Quinta. Criterios de selección
As persoas interesadas serán seleccionadas de acordo cos seguintes criterios:
1. Persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que participe ou participase no desenvolvemento de tarefas de defensa e/ou extinción de incendios forestais, conforme o colectivo de destinatarios especificados na base primeira desta convocatoria.
2. A orde de inscrición na correspondente actividade formativa.
Sexta. Publicación da relación do alumnado seleccionado
1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas admitidas e excluídas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
Sétima. Cambios ou substitucións na selección. A renuncia. A asistencia
1. Os cambios ou as substitucións na selección:
En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.
2. A renuncia:
a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:
– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.
– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.
– Por razóns de conciliación familiar.
– Por outras causas xustificadas documentalmente.
b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.
Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.
O prazo para presentar escrito a renuncia iniciarase a partir da publicación da listaxe de persoas admitidas, en reserva e excluídas, e finalizará tres días antes do inicio da actividade formativa.
As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.
3. A asistencia:
a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.
b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.
c) As faltas de asistencia:
1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de diez (10) días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.
2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais, pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.
Oitava. Superación da actividade formativa
Para poder superar a actividade de formación, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará ao final dela.
Novena. Certificados
Para a obtención do certificado de aproveitamento, o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.
Décima. Facultades da EGAP e de CSIF Galicia
1. A EGAP e CSIF Galicia poderán modificar o desenvolvemento, as datas e os lugares da actividade formativa, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Tamén lles corresponde a ambas as dúas entidades prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.
2. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP e CSIF Galicia reservan para si o dereito a suspender ou cancelar a actividade, caso en que empregarán os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.
3. A EGAP e CSIF Galicia garantirán na actividade derivada desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.
ANEXO II
Código: CV25072.
Área de coñecemento: coñecementos transversais.
Nome do curso: prevención de riscos laborais específicos en ergonomía e psicosocioloxía no ámbito da prevención e extinción dos incendios forestais.
1. Obxectivos.
O persoal que participa directa e/ou indirectamente no desenvolvemento de tarefas de defensa e/ou extinción de incendios, á parte da necesaria información e formación en materia de prevención de riscos laborais que debe recibir en cumprimento daquelas obrigas legais a que están sometidas as empresas e/ou entidades en que prestan os seus servizos, require dunha formación complementaria e especializada neste ámbito de intervención debido aos especiais riscos a que está sometida a referida actividade.
A seguridade do persoal é a premisa fundamental que debe guiar todas as accións de defensa e extinción de incendios forestais. Existen certas normas, protocolos e recomendacións cuxa aplicación durante os traballos de extinción son especialmente útiles para manter en todo momento as condicións de seguridade do persoal que participa nas operacións de intervención.
A finalidade desta acción formativa é que o persoal que traballa na prevención e extinción dos incendios forestais adquira unha formación para poder identificar os riscos derivados da organización do traballo e aplicar técnicas para a súa avaliación, aplicar técnicas de medida do microclima de traballo para a prevención dos riscos ergonómicos, recoñecer os riscos derivados da carga de traballo e aplicar técnicas para a súa avaliación, intervir na valoración dos resultados obtidos da análise da organización e a carga de traballo e propoñer medidas destinadas a eliminar ou reducir os riscos derivados da organización e a carga de traballo na prevención e extinción dos incendios forestais.
No ámbito da ergonomía e psicosocioloxía, é necesario coñecer, avaliar e controlar os riscos ergonómicos e psicosociais relacionados co traballo na prevención e extinción dos incendios forestais. Neste senso, os principais obxectivos que se dirixen nesta acción formativa son os seguintes:
• Coñecer a organización do traballo desde factores de natureza psicosocial e do posto de traballo.
• Identificar os principais riscos específicos relativos á carga de traballo e aos traballos por quendas e nocturno.
• Entender e afondar nos factores principais que inflúen no estrés laboral.
• Informar sobre os problemas derivados das relacións interpersoais, da violencia e do acoso no traballo.
Así, con este curso preténdese seguir achegando os coñecementos necesarios para a xestión básica da prevención de riscos laborais no ámbito da prevención e extinción de incendios forestais.
2. Destinatarios/as.
Estas edicións do curso están dirixidas ás persoas traballadoras activas ou en situación de desemprego, aos delegados e ás delegadas de prevención, de recursos preventivos, que traballen o traballasen nas categorías ou especialidades propias do SPIF na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, que desenvolvan ou poidan desenvolver tarefas e actividades na defensa, prevención e/ou extinción de incendios forestais, tales como os/as bombeiros/as forestais, bombeiros/as forestais condutores/as, bombeiros/as forestais xefes/as de brigada, bombeiros/as forestais condutores/as de motobomba, emisoristas/vixilantes do SPIF, operador codificador de datos do SPIF, entre outros.
3. Desenvolvemento.
Modalidade: presencial.
Duración: 16 h.
Contido.
1. A organización do traballo. Factores de natureza psicosocial.
2. A organización do traballo. Concepción do posto de traballo.
3. A carga de traballo. Carga física e mental.
4. O traballo por quendas e o traballo nocturno.
5. O estrés relacionado co traballo.
6. Problemas derivados das relacións interpersoais.
7. A violencia no traballo.
8. O acoso psicolóxico no traballo.
Edicións: 15.
1. A Coruña (I): 12, 13 e 14 de maio de 2025. Horario: das 9.00 ás 14.20 horas. Lugar: Sede da Fundación Raizame, rúa As Xubias de Arriba, 15, 1º, 15006 A Coruña.
Prazas: 30.
2. A Coruña (II): 12, 13 e 14 de maio de 2025. Horario: das 16.00 ás 21.20 horas. Lugar: Sede da Fundación Raizame, rúa As Xubias de Arriba, 15, 1º, 15006 A Coruña.
Prazas: 30.
3. Lugo (I): 26, 27 e 28 de maio de 2025. Horario: das 9.00 ás 14.20 horas. Lugar: Sede CSIF, rúa Conde, 2, baixo posterior, 27003 Lugo.
Prazas: 25.
4. Lugo (II): 26, 27 e 28 de maio de 2025. Horario: das 16.00 ás 21.20 horas. Lugar: Sede CSIF, rúa Conde, 2, baixo posterior, 27003 Lugo.
Prazas: 25.
5. Lugo (III): 2, 3 e 4 de xuño de 2025. Horario: das 9.00 ás 14.20 horas. Lugar: Sede CSIF, rúa Conde, 2, baixo posterior, 27003 Lugo.
Prazas: 25.
6. Lugo (IV): 2, 3 e 4 de xuño de 2025. Horario: das 16.00 ás 21.20 horas. Lugar: Sede CSIF, rúa Conde, 2, baixo posterior, 27003 Lugo.
Prazas: 25.
7. Lugo (V): 16, 17 e 18 de xuño de 2025. Horario: das 9.00 ás 14.20 horas. Lugar: Sede CSIF, rúa Conde, 2, baixo posterior, 27003 Lugo.
Prazas: 25.
8. Ourense (I): 5, 6 e 7 de maio de 2025. Horario: das 9.00 ás 14.20 horas. Lugar: Consultoría y Formación Progreso, S.L., rúa Progreso, 141, 32003 Ourense.
Prazas: 25.
9. Ourense (II): 5, 6 e 7 de maio de 2025. Horario: das 16.00 ás 21.20 horas. Lugar: Consultoría y Formación Progreso, S.L., rúa Progreso, 141, 32003 Ourense.
Prazas: 25.
10. Ourense (III): 9, 10 e 11 de xuño de 2025. Horario: das 9.00 ás 14.20 horas. Lugar: Consultoría y Formación Progreso, S.L., rúa Progreso, 141, 32003 Ourense.
Prazas: 25.
11. Pontevedra (I): 28, 29 e 30 de abril de 2025. Horario: das 9.00 ás 14.20 horas. Lugar: Sede CSIF, rúa Marqués Riestra, 18, entresollado, 36001 Pontevedra.
Prazas: 25.
12. Pontevedra (II): 28, 29 e 30 de abril de 2025. Horario: das 16.00 ás 21.20 horas. Lugar: Sede CSIF, rúa Marqués Riestra, 18, entresollado, 36001 Pontevedra.
Prazas: 25.
13. Pontevedra (III): 8, 9 e 15 de maio de 2025. Horario: das 9.00 ás 14.20 horas. Lugar: Sede CSIF, rúa Marqués Riestra, 18, entresollado, 36001 Pontevedra.
Prazas: 25.
14. Santiago de Compostela (I): 19, 20 e 21 de maio de 2025. Horario: das 9.00 ás 14.20 horas. Lugar: Sede CSIF Galicia, rúa Salgueiriños de Abaixo, 7, baixo, 15703 Santiago de Compostela.
Prazas: 25.
15. Santiago de Compostela (II): 19, 20 e 21 de maio de 2025. Horario: das 16.00 ás 21.20 horas. Lugar: Sede CSIF Galicia, rúa Salgueiriños de Abaixo, 7, baixo, 15703 Santiago de Compostela.
Prazas: 25.
