DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 9 de abril de 2025 Páx. 21317

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2025 pola que se publican as porcentaxes de reserva de solo para vivenda protexida correspondentes ao ano 2025.

A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galcia, dispón o seguinte no seu artigo 42.9:

«Os plans xerais deberán prever unhas reservas de solo para a vivenda suxeita a algún réxime de protección pública, que, como mínimo, comprenderán os terreos necesarios para realizar o 30 % da edificabilidade residencial prevista pola ordenación urbanística no solo urbanizable e no solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b).1. Esta proporción será do 10 % no suposto do solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b).2. No suposto do solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b).3, non será obrigatorio prever unha reserva para vivenda suxeita a algún réxime de protección.

Excepcionalmente, os plans xerais, atendendo á demanda real de vivenda protexida, poderán fixar unha reserva inferior axustada á porcentaxe de reserva total de solo para vivenda protexida do concello e aos diferentes réximes de vivenda protexida. A porcentaxe de reserva total do concello determinaraa anualmente o Instituto Galego da Vivenda e Solo, con base nos inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia. A resolución que determine esta porcentaxe será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cando se produza unha variación de máis ou menos dous puntos porcentuais da porcentaxe de reserva total de solo para vivenda protexida do concello establecida no plan xeral respecto da última publicada, o Pleno do concello, por maioría absoluta, e sen necesidade de seguir o procedemento de modificación do plan, deberá acordar a modificación das porcentaxes de reserva e axustalas á resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Estarán exentos das reservas de solo reguladas neste punto aqueles concellos que conten con menos de 5.000 habitantes inscritos no padrón municipal no momento da aprobación inicial do plan xeral, cando este non conteña previsión para novos desenvolvementos urbanísticos en solos clasificados como urbanos non consolidados e urbanizables que na totalidade do municipio superen as 300 vivendas».

Pola súa parte, o artigo 77 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, establece:

«1. Os plans xerais deberán prever unhas reservas de solo para a vivenda suxeita a algún réxime de protección pública, que comprenderán, como mínimo, os terreos necesarios para realizar o 30 % da edificabilidade residencial prevista pola ordenación urbanística no solo urbanizable e no solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b.1) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro. Esta proporción será do 10 % no suposto do solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b.2) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro. No suposto do solo urbano non consolidado regulado no artigo 17.b.3) da lei, non será obrigatorio prever unha reserva para vivenda suxeita a algún réxime de protección (artigo 42.9 da LSG).

2. Excepcionalmente, os plans xerais, atendendo á demanda real de vivenda protexida, poderán fixar unha reserva inferior axustada á porcentaxe de reserva total de solo para vivenda protexida do concello e aos diferentes réximes de vivenda protexida. A porcentaxe de reserva total do concello determinaraa anualmente o Instituto Galego da Vivenda e Solo, con base nos inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a porcentaxe media para o conxunto da Comunidade Autónoma. En ningún caso a porcentaxe de reserva fixada para un concello poderá ser inferior á dita media. A resolución que determine a porcentaxe que resulte para cada concello será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

3. Cando se produza unha variación de máis ou menos dous puntos porcentuais da porcentaxe de reserva total de solo para vivenda protexida do concello establecida no plan xeral respecto da última publicada, o Pleno do concello, por maioría absoluta, e sen necesidade de seguir o procedemento de modificación do plan, deberá acordar a modificación das porcentaxes de reserva e axustalas á resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo (artigo 42.9 da LSG).

4. Estarán exentos das reservas de solo reguladas neste artigo aqueles concellos que conten con menos de 5.000 habitantes inscritos no padrón municipal no momento da aprobación inicial do plan xeral, cando este non conteña previsión para novos desenvolvementos urbanísticos en solos clasificados como urbanos non consolidados e urbanizables que na totalidade do municipio superen as 300 vivendas (artigo 42.9 da LSG).

5. As reservas para a construción de vivendas protexidas deberán localizarse favorecendo o principio de cohesión social e conforme as seguintes regras en función da clasificación do solo:

– No solo urbano non consolidado deberá acreditarse o cumprimento da reserva para vivenda protexida no distrito.

– No solo urbanizable deberá acreditarse o cumprimento da reserva para vivenda protexida no sector (artigo 42.10 da LSG).

6. O previsto neste artigo resulta de aplicación a todos os plans xerais de ordenación municipal, con independencia da forma de fixación da reserva e da súa contía. Enténdese que a porcentaxe final que se fixe se axusta á resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo cando iguale ou supere a reserva establecida nesta».

A citada normativa deixa á consideración do Instituto Galego da Vivenda e Solo a determinación anual da referida porcentaxe; para tal efecto, o citado organismo, mediante a Resolución do 15 de febreiro de 2017 (DOG nº 42, do 1 de marzo), estableceu o método de cálculo aplicable.

Por todo o exposto, en virtude das atribucións que me confire o artigo 12 do Decreto 143/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo,

RESOLVO:

Primeiro. Establecer as porcentaxes de reserva de solo para vivenda protexida para o ano 2025 que figuran no anexo desta resolución.

Segundo. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Instituto Galego da Vivenda e Solo da listaxe das ditas porcentaxes.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2025

Heriberto Garcia Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Porcentaxe de reserva de solo para vivendas protexidas por concellos de máis de 5.000 habitantes

Porcentaxe media para o conxunto de Galicia: 8,10 %

Concello

Inscritos

Padrón

PRTC

Porcentaxe aplicable

Abegondo

8

5.584

1,43 %

8,10 %

Allariz

48

6.378

7,53 %

8,10 %

Ames

143

32.482

4,40 %

8,10 %

Ares

7

6.132

1,14 %

8,10 %

Arteixo

150

33.516

4,48 %

8,10 %

Arzúa

1

5.901

0,17 %

8,10 %

Baiona

31

12.407

2,50 %

8,10 %

Barbadás

11

11.140

0,99 %

8,10 %

Barco de Valdeorras, O

43

13.277

3,24 %

8,10 %

Bergondo

3

6.951

0,43 %

8,10 %

Betanzos

111

13.082

8,48 %

8,48 %

Boiro

30

18.984

1,58 %

8,10 %

Brión

25

8.145

3,07 %

8,10 %

Bueu

12

11.922

1,01 %

8,10 %

Burela

45

9.454

4,76 %

8,10 %

Caldas de Reis

65

9.620

6,76 %

8,10 %

Camariñas

0

5.151

0,00 %

8,10 %

Cambados

21

13.681

1,53 %

8,10 %

Cambre

110

24.739

4,45 %

8,10 %

Cangas

67

26.807

2,50 %

8,10 %

Cañiza, A

5

5.090

0,98 %

8,10 %

Carballiño, O

47

13.968

3,36 %

8,10 %

Carballo

35

31.416

1,11 %

8,10 %

Carral

7

6.700

1,04 %

8,10 %

Castro de Rei

6

5.015

1,20 %

8,10 %

Cedeira

3

6.529

0,46 %

8,10 %

Cee

28

7.660

3,66 %

8,10 %

Celanova

12

5.709

2,10 %

8,10 %

Cerceda

3

5.058

0,59 %

8,10 %

Cerdedo-Cotobade

35

5.687

6,15 %

8,10 %

Chantada

38

8.006

4,75 %

8,10 %

Coristanco

2

5.779

0,35 %

8,10 %

Coruña, A

3.618

247.376

14,63 %

14,63 %

Culleredo

182

30.864

5,90 %

8,10 %

Estrada, A

87

20.081

4,33 %

8,10 %

Fene

19

12.561

1,51 %

8,10 %

Ferrol

476

63.890

7,45 %

8,10 %

Foz

73

10.163

7,18 %

8,10 %

Gondomar

17

15.043

1,13 %

8,10 %

Grove, O

7

10.828

0,65 %

8,10 %

Guarda, A

9

9.998

0,90 %

8,10 %

Guitiriz

4

5.194

0,77 %

8,10 %

Lalín

72

20.282

3,55 %

8,10 %

Laracha, A

27

11.543

2,34 %

8,10 %

Lugo

1.372

98.214

13,97 %

13,97 %

Malpica de Bergantiños

2

5.241

0,38 %

8,10 %

Marín

61

24.197

2,52 %

8,10 %

Meaño

3

5.258

0,57 %

8,10 %

Melide

5

7.553

0,66 %

8,10 %

Miño

9

6.753

1,33 %

8,10 %

Moaña

33

19.315

1,71 %

8,10 %

Monforte de Lemos

134

18.234

7,35 %

8,10 %

Mos

317

15.076

21,03 %

21,03 %

Mugardos

9

5.228

1,72 %

8,10 %

Muros

4

8.251

0,48 %

8,10 %

Narón

195

39.051

4,99 %

8,10 %

Negreira

4

6.901

0,58 %

8,10 %

Nigrán

30

18.045

1,66 %

8,10 %

Noia

31

14.115

2,20 %

8,10 %

Oleiros

263

37.809

6,96 %

8,10 %

Ordes

8

12.669

0,63 %

8,10 %

Oroso

22

7.622

2,89 %

8,10 %

Ortigueira

17

5.477

3,10 %

8,10 %

Ourense

759

104.250

7,28 %

8,10 %

Outeiro de Rei

4

5.359

0,75 %

8,10 %

Outes

6

6.082

0,99 %

8,10 %

Oza-Cesuras

2

5.203

0,38 %

8,10 %

Padrón

8

8.355

0,96 %

8,10 %

Pereiro de Aguiar, O

5

6.647

0,75 %

8,10 %

Pobra do Caramiñal, A

2

9.227

0,22 %

8,10 %

Poio

59

17.297

3,41 %

8,10 %

Ponte Caldelas

6

5.553

1,08 %

8,10 %

Ponteareas

44

23.154

1,90 %

8,10 %

Ponteceso

7

5.399

1,30 %

8,10 %

Pontedeume

5

7.520

0,66 %

8,10 %

Pontes de García Rodríguez, As

38

9.867

3,85 %

8,10 %

Pontevedra

1.046

82.535

12,67 %

12,67 %

Porriño, O

154

20.562

7,49 %

8,10 %

Porto do Son

1

9.125

0,11 %

8,10 %

Redondela

66

28.937

2,28 %

8,10 %

Rianxo

8

10.854

0,74 %

8,10 %

Ribadeo

39

9.828

3,97 %

8,10 %

Ribadumia

27

5.189

5,20 %

8,10 %

Ribeira

29

27.030

1,07 %

8,10 %

Rosal, O

3

6.431

0,47 %

8,10 %

Sada

28

16.874

1,66 %

8,10 %

Salceda de Caselas

15

9.421

1,59 %

8,10 %

Salvaterra de Miño

9

10.274

0,88 %

8,10 %

San Cibrao das Viñas

3

5.675

0,53 %

8,10 %

Santa Comba

3

9.342

0,32 %

8,10 %

Santiago de Compostela

1.089

98.687

11,03 %

11,03 %

Sanxenxo

36

17.854

2,02 %

8,10 %

Sarria

130

13.221

9,83 %

9,83 %

Silleda

35

8.876

3,94 %

8,10 %

Soutomaior

23

7.603

3,03 %

8,10 %

Teo

31

19.034

1,63 %

8,10 %

Tomiño

15

13.836

1,08 %

8,10 %

Tui

30

17.327

1,73 %

8,10 %

Valdoviño

5

6.889

0,73 %

8,10 %

Valga

6

5.704

1,05 %

8,10 %

Vedra

1

5.019

0,20 %

8,10 %

Verín

37

13.612

2,72 %

8,10 %

Vigo

5.966

293.652

20,32 %

20,32 %

Vila de Cruces

5

5.082

0,98 %

8,10 %

Vilaboa

7

5.950

1,18 %

8,10 %

Vilagarcía de Arousa

280

37.689

7,43 %

8,10 %

Vilalba

88

13.870

6,34 %

8,10 %

Vilanova de Arousa

7

10.225

0,68 %

8,10 %

Vimianzo

0

6.840

0,00 %

8,10 %

Viveiro

81

15.221

5,32 %

8,10 %

Xinzo de Limia

12

9.529

1,26 %

8,10 %