DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 9 de abril de 2025 Páx. 21352

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas nos procesos selectivos, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e de persoal licenciado sanitario, convocados polas resolucións do 14 de decembro de 2022.

Mediante as resolucións desta dirección xeral do 14 de decembro de 2022 (DOG núm. 3, do 4 de xaneiro de 2023) realizáronse as convocatorias, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e de persoal licenciado sanitario.

Mediante a Resolución do 12 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, convocouse o acto de elección telemática de destino para as persoas definitivamente seleccionadas nos procesos selectivos, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e de persoal licenciado sanitario, convocados polas resolucións do 14 de decembro de 2022.

A base décima das mesmas resolucións establece que, unha vez adxudicados os destinos, se publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declare finalizado o proceso selectivo, co nomeamento como persoal estatutario fixo e asignación de destino a aqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.

Ao abeiro da dita resolución, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde, en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e de persoal licenciado sanitario, as persoas aspirantes que se inclúen no anexo desta resolución.

Adxudicarlles aos/ás ditos/as aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza que figura no indicado anexo.

Segundo. Declarar finalizados os procesos selectivos para o ingreso, polo sistema de concurso-oposición, nas seguintes especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e de persoal licenciado sanitario, convocados polas resolucións do 14 de decembro de 2022:

– Facultativo/a especialista en Cirurxía Cardiovascular.

– Facultativo/a especialista en Cirurxía Oral e Maxilofacial.

– Facultativo/a especialista en Cirurxía Torácica.

– Facultativo/a especialista en Microbioloxía e Parasitoloxía.

– Médico/a asistencial do 061.

Terceiro. De acordo coa base novena da convocatoria, quedaron sen efecto todas as actuacións dos/das aspirantes seleccionados/as que, no prazo e conforme o procedemento establecido, non seleccionaron os destinos que se ofertaron pola orde de prelación que consideraron, ou non resultasen adxudicatarios/as de ningún polos que optaron.

Cuarto. Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta.

A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.

Non entanto, en casos de forza maior, e por instancia da persoa interesada, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión. A incorporación ás prazas adxudicadas levará consigo o cesamento do persoal temporal que, se é o caso, as ocupe, de acordo cos criterios de incorporación e cesamento vixentes.

Quinto. Sen prexuízo da declaración de finalización do proceso selectivo realizado no punto segundo da presente resolución, de conformidade coa base 10.4 das resolucións de convocatoria, co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, no suposto de situacións en que as persoas seleccionadas, por diversos motivos, non continúen no proceso, cubrirase a baixa coa persoa aspirante incluída inmediatamente a continuación na relación de seleccionados/as, pola orde de prelación que resulte da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso.

Nomeadamente, chamarase a seguinte persoa aspirante, nos supostos de:

– Renuncias aos dereitos derivados do proceso selectivo.

– Non reunir os requisitos establecidos na convocatoria para o desempeño da praza.

– Non presentar a documentación requirida.

– Non formular elección de praza en tempo e forma conforme o procedemento establecido.

– Non producirse a toma de posesión na praza adxudicada.

– Ser declarada en situación de excedencia sen dereito a reserva de praza con efectos desde o mesmo día da toma de posesión.

Nos supostos previstos no punto anterior, non se modificará a elección de praza realizada con carácter previo ao nomeamento, e adxudicaránselles ás novas persoas aspirantes as prazas resultantes das devanditas situacións.

Sexto. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

Non terán que realizar esta actividade formativa os/as aspirantes seleccionados/as que a realizasen con anterioridade, se consta rexistrada en Fides/expedient-e e foi debidamente validada.

Sétimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Relación definitiva de adxudicatarios/as e destinos

ANEXO

Relación definitiva de adxudicatarios/as e destinos

Facultativo/a especialista en Cirurxía Cardiovascular

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***9182**

FERNANDEZ ARIAS, LAURA

A.S. de A Coruña e Cee

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

Coruña, A

-

Facultativo/a especialista en Cirurxía Oral e Maxilofacial

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***5497**

GALVEZ PRIETO, FRANCISCO

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

***7129**

GONZALEZ MOURELLE, ALICIA

A.S. de A Coruña e Cee

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

Coruña, A

-

***9698**

RUBIN ROGER, GUILLERMO

A.S. de A Coruña e Cee

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

Coruña, A

-

Facultativo/a especialista en Cirurxía Torácica

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***4411**

CARRASCO RODRIGUEZ, ROMMEL

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

Facultativo/a especialista en Microbioloxía e Parasitoloxía

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***1419**

MANSO GOMEZ, TAMARA

A.S. de Ferrol

Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol

Ferrol

-

Médico/a asistencial do 061

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***3571**

CABANELA LOPEZ, JOSEFINA MARIA

Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061

Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061 - Base Foz

Foz

-

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.