Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade bioloxía, coa composición que se relaciona no anexo.
Santiago de Compostela, 3 de abril de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral
da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade bioloxía
Tribunal titular:
Presidencia:
– José Antonio Fernández Bouzas, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade bioloxía.
Secretaría:
– Juana Isabel Ferreiro López-Riobóo, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade química.
Vogais:
– Nuria Tarrío Yáñez, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.
– Antonio Rodríguez Fernández, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade bioloxía.
– Natalia Crespo González, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade química.
Tribunal suplente:
Presidencia:
– Juan Manuel Camiño Soto, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade bioloxía.
Secretaría:
– José Higinio Antuña Álvarez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
Vogais:
– Montserrat Martínez Morán, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade bioloxía.
– Eva María Sanín Mariño, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
– Antía Solloso Banobre, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.
