DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 9 de abril de 2025 Páx. 21363

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 26 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, polo que se lles notifica a varios interesados a resolución de autorización e de declaración de utilidade pública da LAT 66 kV de evacuación do parque eólico Olerón (expediente IN408A 2020/121).

Mediante a Resolución do 18 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, fíxose público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 7 de outubro, polo que se outorga a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, da infraestrutura de transporte de enerxía eléctrica denominada LAT 66 kV de evacuación do parque eólico Olerón, nos concellos de Rois, Lousame e Noia (A Coruña), promovida por Norvento, S.L.U. (expediente IN408A 2020/121), publicada no DOG número 224, do 20.11.2024.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para seren notificadas por comparecencia, por non ser posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas, ou os seus representantes legais, deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, na sede da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, sita no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada a súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo indicado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2025

Paula María Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático

ANEXO

Número de parcela

Interesado/a

Concello

Datos catastrais

Lugar

Acto que se notifica

Referencia catastral

Polígono

Parcela

30

Reboredo Nieto, Sara

Rois

15075A161002110000IS

161

211

Quintáns

Resolución de AAPC e DUP

50a

Reboredo Romero, Manuel

Rois

15075A161003260000IO

161

326

Quintáns

Resolución de AAPC e DUP

51

Reboredo Nieto, Sara

Rois

15075A161004030000IZ

161

403

Agreirís

Resolución de AAPC e DUP