De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada relacionada no anexo o acto que se indica, logo de que fose devolto polo servizo de Correos porque, intentadas dúas veces a notificación, esta non se puido efectuar.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinar estes actos na sede deste departamento territorial, situada na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 4º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
Pontevedra, 26 de marzo de 2025
Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Nº de expediente |
Persoa interesada |
Acto notificado |
Acto adoptado |
|
CON-PO-0007/2025 |
53198245G |
Incoación |
Polo director territorial |
