DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 9 de abril de 2025 Páx. 21370

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Pobra do Caramiñal (expediente IN407A 2024/110-1).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Petselet, S.A.

Domicilio social: A Baiuca, s/n, 15940 A Pobra do Caramiñal.

Denominación do proxecto: liña subterránea de media tensión a 20 kV, centro de seccionamento, centro de medida e centro de transformación de 630 kVA, para subministración eléctrica a nave Industrial.

Situación: A Baiuca, s/n, 15940 A Pobra do Caramiñal (A Coruña).

Características técnicas:

Instalacións que se cederán á empresa de distribución:

– Liña de alta tensión soterrada de 20 kV con inicio e final na liña de distribución PMR816 no treito comprendido entre a subestación eléctrica de Palmeira (PMR) e o CT 15CZ68, logo de entrar e saír no CS proxectado. Condutor RHZ1-2OL 12/15 kV (3×(1×240 mm²) Al, lonxitude aproximada total 195 m.

– Centro de seccionamento en edificio prefabricado de formigón, de manobra exterior. Cela compacta con illamento SF6 (3L 2 TC GPRS) con tres celas con interruptor-seccionador (dúas telecontroladas) e unha para SSAA (24 kV, 400 A, 16 kA).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), este departamento territorial

RESOLVE:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da referida instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que puider incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra este acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 12 de febreiro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña