O 16 de decembro de 2019, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica denominada Reforzo LMTA LOZ803A en Tomeza.
Tras a correspondente tramitación, o 3 de abril de 2020, este departamento territorial ditou unha resolución pola que se concederon as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2019/231-4), que foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 27 de abril de 2020.
Por problemas de permisos, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a declaración de utilidade pública para a instalación denominada Reforzo LMTA LOZ803A en Tomeza (expediente IN407A 2019/231-4).
Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: Reforzo LMTA LOZ803A en Tomeza.
Situación: Pontevedra.
Descricións técnicas:
Reforzo da liña de media tensión aérea (LMTA) LOZ803A a 20 kV, substituíndo o condutor LA-80 existente por un condutor tipo LA-110 nun tramo de 287 metros de lonxitude, con orixe no poste existente A30P9GAJ//30 no punto A e final no poste existente A35UD2K5//38 no punto B.
As instalacións están situadas na parroquia de Tomeza, no concello de Pontevedra.
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, na avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto está á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o dito período, calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 17 de marzo de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente: IN407A 2019/231-4.
Denominación: Reforzo LMTA LOZ803A en Tomeza.
Concello: Pontevedra.
|
Nº |
Lugar |
Cultivo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio |
Afeccións (servidume) |
||
|
nº |
m2 |
ml sub. |
m2 sub. |
|||||
|
1 |
Prado del Molino |
Agrario |
36900A064104840000QH |
Descoñecido/a |
34 |
1,44 |
||
|
2 |
Campo Areosa |
Agrario |
36900A064002510000QP |
Manuel García Fernández |
37 |
1,44 |
8,80 |
|
