Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio Social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: LMTA LES808, CTI, XS e ITC.
Situación: A Estrada.
Descricións técnicas:
Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56 en dúas actuacións. A primeira é de 151 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/16 (en substitución do ACPDXD07//ACPDXD07) na LMTA LES8086936 e final no apoio proxectado C-3000/16 (en substitución do ACRN1X8U//ACRMAI73) na LMTA LES8086936. A segunda é de 507 metros, con orixe no apoio proxectado C-3000/16 e final no apoio proxectado C-3000/14, no cal se situará o centro de transformación.
Centro de transformación intemperie a 50 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36017Q505005620000UI, no camiño Vis de Correa, Vinseiro.
Instalación dun interruptor telecontrolado no apoio proxectado C-3000/16 e dun XS no apoio proxectado C-2000/16 e outro XS no apoio ACS4Q9AK//ACS40S8R.
A instalación está situada en Vis de Correa, Vinseiro, no concello da Estrada (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, na avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto está á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).
Durante o dito período, calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 17 de marzo de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente: IN407A 2023/510-4.
Denominación: LMTA LES808, CTI, XS e ITC.
Concello: A Estrada.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia Catastral |
Titular |
Apoio |
Afeccións |
||
|
nº |
m2 |
ml aér |
m2 aér. |
|||||
|
1 |
Lagoa |
Rústico |
36017A145000470000RT |
José Luis Rivas Cicans |
1 |
1,69 |
88,18 |
113,04 |
|
2 |
Lusios |
Rústico |
36017A145001880000RJ |
Descoñecido/a |
2 |
1,69 |
||
|
3 |
Monte de Cimáns |
Rústico |
36017A145001790000RO |
Adolfo Rivadulla Picans |
55,27 |
45,09 |
||
|
4 |
Monte de Cimáns |
Rústico |
36017A145001720000RG |
Adolfo Rivadulla Picans |
7,35 |
|||
|
5 |
Lusios |
Rústico |
36017A145001800000RF |
Descoñecido/a |
3 |
1,44 |
93,57 |
1.426,38 |
|
6 |
Tras da Fonte |
Rústico |
36017L502002050000BF |
Descoñecido/a |
97,17 |
1.538,57 |
||
|
7 |
Devesiñas |
Rústico |
36017L502002130000BD |
Adolfo Rivadulla Picans |
4 |
1,69 |
74,91 |
991,45 |
|
8 |
Devesiñas |
Rústico |
36017L502002120000BR |
Carmen Picans |
19,74 |
72,30 |
||
|
9 |
Rodríguez |
Rústico |
36017L502002140000BX |
Descoñecido/a |
34,85 |
418,62 |
||
|
10 |
Prados |
Rústico |
36017L502002170000BE |
Descoñecido/a |
62,44 |
846,21 |
||
|
11 |
Beira do Río |
Rústico |
36017L502002160000BJ |
Ana María Vicente Vicente |
34,76 |
155,67 |
||
|
12 |
Prados |
Rústico |
36017L502002210000BS |
Carmen Picans |
5 |
1,69 |
50,13 |
487,96 |
|
14 |
Insua |
Rústico |
36017Q505005850000UM |
Descoñecido/a |
32,15 |
428,10 |
||
|
15 |
Vis de Correa |
Rústico |
36017Q505005620000UI |
Tomás Pérez Figueira |
6 |
1,44 |
16,08 |
110,57 |
