DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 9 de abril de 2025 Páx. 21419

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de notificación en procedemento de comunicación e requirimento para o cumprimento das obrigacións de xestión de biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas.

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible efectuar a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración, publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Comunícaselle que tanto a notificación como o expediente atópanse á súa disposición na praza Maior, 1, 27850 Viveiro, Lugo. Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade a través da páxina web https://viveiro.sedelectronica.es, ou a través do punto de acceso xeral https://sede.administracion.gob.es/carpeta/clave.htm

Acto que se notifica: comunicación e requirimento para o cumprimento da obriga de xestión de biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas. Resolución (expediente 7873/2024).

Persoa interesada:

Titular descoñecido/en investigación

Referencia catastral:

27067A037017820000XO

Localización:

Polígono 37, parcela 1782, Ponte Landrove. Viveiro (Lugo)

Prazo:

15 días naturais

Viveiro, 18 de marzo de 2025

María Carmen Gueimunde González
Presidenta alcaldesa