No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 47, do 11 de marzo de 2025, foi publicada a corrección de erros materiais das bases que van regular a convocatoria para prover, por concurso-oposición, unha praza de peón-operario de servizos múltiples como persoal laboral fixo, incluída na oferta de emprego público de 2022 do Concello de Moeche.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando cumpra, de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.
Moeche, 14 de marzo de 2025
Beatriz Bascoy Maceiras
Alcaldesa
