De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015 sen que esta se puidese efectuar, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto foi adoptado pola directora territorial do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante o Servizo de Consumo de Ourense, na avenida de Zamora, nº 13, baixo, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 27 de marzo de 2025
Cristina Estrella Vázquez Gil
Xefa do Servizo de Consumo de Ourense
ANEXO
|
Expediente: |
32S001-279-2023 |
|
Persoa interesada: |
************** |
|
CIF/NIF: |
34958840J |
|
Acto notificado: |
resolución de expediente sancionador en materia de consumo |
